A oposición pasiva ante as actuacións urxentes

Alternativa cuestiona a abstención de PP e BNG non pleno de onte onde se aprobaban as expropiacións necesarias para abordar a execución do Plan de Actuación Municipal 2026.

O plan inclúe máis de 600 mil euros, dos cales a prioridade serán as actuacións urxentes derivadas da reparación dos viais cortados por mor das inundacións nos regos.

O plan tamén inclúe 512 mil euros para a adecuación e reforzo de arcéns en Vial Gandarío-Cangas-Casal de Ouces e prolongación do saneamento no Vilar.

A prioridade do grupo de goberno é a execución das obras que permiten solventar as consecuencias das inundacións nos pasos de diferentes regos: no Cabanés ,de Callou, o Maior e Baldomir en Loureda-Guísamo. Que a día de hoxe aínda hai algún víal cortado.

Alternativa non comparte a vottación de abstención dos grupos da oposición ante este expediente que permite avanzar na resolución das problemáticas da veciñanza.

Comparte esta nova!