Máis de 2,5 millóns de euros para mellorar o rural de Culleredo

Alternativa dos Veciños apoiou no pleno extraordinario de hoxe os proxectos de humanización dos núcleos de Orro e Boedo, así como melloras de seguridade viaria, instalacións e servizos en Bregua.

O grupo resaltou que o voto favorable ven dado polas melloras para a veciñanza, a pesar de discrepar rotundamente en destinar case 400 mil euros destinados a gasto corrente.

“Votar a favor non significa validar a falta de rigor ou conformarse coa xestión que o goberno municipal fai do resto do plan.” matizaron dende o grupo cuestionando “por que renunciar a investir esa contía en equipamentos e melloras tanxibles? Que se poderían traducir en novos proxectos de obras públicas, amaños de viais, mellora de beirarrúas ou infraestruturas hidráulicas que tantos lugares e parroquias de Culleredo seguen precisando con urxencia.”

Alternativa recordou os anos sen intervencións significativas en Orro, Bregua e Boedo, polo que abogou á responsabilide para aprobación destos proxectos que permitirán a revalorización dos núcleos destas parroquias dotandos de maior accesibilidade, pavimentos renovados, elementos de mobiliario actualizado e seguridade viaria.

O grupo esixiu ao goberno municipal maior rigor orzamentario reclamando que, en sucesivas fases e convocatorias, prioricen o investimento real e o destino de cada euro a obras que melloren o día a día dos nosos veciños antes de recorrer á vía fácil do gasto corrente sen soporte xustificativo.

Comparte esta nova!