Dende marzo, Alternativa vén reiterando que para reactivar os servizos municipais de xuventude —deteriorados pola xestión do anterior goberno de Unión por Cambre (UxC)— é imprescindible partir dun diagnóstico real da situación da mocidade para establecer as prioridades.
A enquisa ésta destinada á mocidade de ata 30 anos e pode atoparse o enlace dende a páxina web e as redes sociais do Concello. (https://forms.gle/quqo2LGiCNSVaZ6VA )
Alternativa tamén demandará unha campaña de difusión con impacto, facendo chegar a información da campaña aos diferentes Centros Escolares, así como asociacións xuvenís e Clubes Deportivos. Tamén colocar o acceso con código QR en diferentes espazos de uso xuvenil, asímesmo como achegar mesas informativas aos Centros Escolares.
“O obxectivo desta enquisa é un primeiro paso para que a mocidade poda volver a disfrutar de servizos de calidade, recuperando e actualizando algún dos máis de dez programas xuvenís eliminados durante o mandato de UxC.” Matizan dende o grupo.