O Concello de Bergondo reclamou á Xunta unha actuación das estradas en reiteradas ocasións, ante a falta de investimentos en dúas das principais vías do municipio.
No tramo comprendido entre a Casa do Concello e o polígono industrial da AC-164, o goberno municipal chegou a presentar un Plan Director para a actuación, sen resposta por parte da adminisración.
Pola súa banda, a AC-161 presenta un firme moi deteriorado desde hai anos, unha situación que afecta á seguridade e á calidade da circulación nunha das vías principais do municipio.
“É inaprazable que a Xunta priorice os investimentos necesarios para solucionar os problemas de seguridade viaria nas estradas da súa competencia”, sinala Juan Fariña, voceiro de Alternativa dos Veciños.