Cuba non está soa

O pobo cubano leva 9 meses sufrindo unha situación extrema polo bloqueo xenocida de Donald Trump

Esta semana visita A Coruña un dos músicos máis grandes do mundo, Silvio Rodríguez: unha referencia non só cultural, senón tamén moral a nivel mundial. Un firme defensor da revolución, tamén crítico con aquelas cousas que deben cambiar en Cuba, pero sempre comprometido coa soberanía, coa dignidade e co dereito do pobo cubano a vivir sen ese bloqueo criminal dos Estados Unidos.

A visita á Coruña de Silvio, que vai actuar este sábado ante 10.000 persoas, é un bo momento para recordar unha vez máis o que está a pasar en Cuba, onde levan xa máis de 9 meses sufrindo unha situación extrema. Sen entrar combustible, nin medicinas, nin alimentos… un illamento absolutamente horrible, inimaxinable case desde aquí.

Un xenocidio, sen bombas, pero ante o que hai un silencio xeralizado. Case ninguén fala do que está a sufrir Cuba. Un silencio cómplice co terrorista Donald Trump, como o que tamén había inicialmente co xenocidio en Gaza, que só cambiou cando millóns de persoas en todo o mundo alzamos as nosas voces. Pois con Cuba tamén temos que romper o silencio, denunciar o bloqueo xenocida de Donald Trump as veces que fagan falta e dicir que Cuba non está soa.

Comparte esta nova!