A autorización de ADIF mantén bloqueada a mellora en Villa Julia

A reunión mantida entre a Deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, e os representantes do goberno local de Bergondo, Juan Fariñas e Alejandra Pérez, permitiu analizar a situación do proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada DP-0810, ao seu paso por San Paio.

Durante o encontro, dende a Deputación confirmaron a paralización do expediente pola falta do informe de autorización de ADIF para os executar os traballos na contorna da vía do tren.

O executivo de Bergondo trasladou a necesidade de axilizar este trámite ao tratarse dunha actuación prioritaria para Bergondo, xa que se trata dun punto de alta siniestralidade reclamado dende hai décadas. Recibindo o compromiso dende a Deputación neste senso.

Alternativa continuará a traballar dende o goberno local coas administracións implicadas para impulsar os avances na actuación.

Comparte esta nova!