Alternativa visitará Tarrio e Culleredo para recoller propostas e necesidades veciñais

O grupo realizará durante as próximas semanas diferentes visitas en Tarrio e Culleredo.

O obxectivo é coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza e recoller propostas de mellora para trasladar ao goberno municipal.

Estas visitas forman parte do traballo de proximidade que Alternativa está a desenvolver nas distintas parroquias do municipio para identificar deficiencias, atender demandas veciñais e facer seguimento das actuacións pendentes.

O grupo está a valorar positivamente a iniciativa, que permite manter un contacto directo coa cidadanía, impulsar as súas propostas e visibilizar as encesidades do día a día en diferentes núcleos de Culleredo.

Tamén pon a disposición o teléfono 981 415 610, o correo electrónico, culleredo@alternativadosvecinos.org, e as súas redes sociais.

Comparte esta nova!