Os ríos e regatos tamén precisan mantemento

Alternativa volveu a trasladar ao goberno municipal outra incidencia realacionada coa conservación dos ríos e regatos do muncipio, concretamente pola invasión de vexetación do leito no Rego de Castro ao seu paso por zonas residenciais.

A reclamación súmase a outras realizadas polos vertidos de fecais ao Río Valiñas, o abandono no Rego de Trabe ou a necesidade de mantementos máis periódicos no Rego da Xesteira.

“A riqueza natural de Culleredo é un dos seus principais valores e insistimos na importancia da preservación da rede fluvial cunha correcta programación de actuaciós de mantemento e conservación continuadas, así como un seguimento cando se trata de competencia doutras Administracións”, sinalan dende Alternativa.

Comparte esta nova!