A veciñanza de Castro-Laxe propón mover uns contedores para evitar vertidos

A veciñanza de Castro Laxe Alternativa demandou o cambio de localización dos contedores de lixo situados na rúa Baralla, xunto ao Rego de Castro.

A proposta busca reducir o risco de que residuos e lixo acaben no curso fluvial.

Alternativa solicitou ao executivo local a valoración do cambio de localización, avaliando a viabilidade da proposta veciñal.

O grupo destaca a importancia de atender este tipo de demandas do “día a día” da veciñanza, especialmente cando contribúen á mellora ambiental e á conservación dos espazos públicos do municipio.


Comparte esta nova!