Cambre promociona unha realidade turística desfasada

Alternativa reclamou a actualización da información turística na páxina web municipal.

O grupo denunciou o estado deesactualizado de parte dos contidos do apartado de turismo da páxina web e reclamou ao goberno local unha revisión da información ofrecida ás persoas visitantes.

Resaltouse infromación desfasada, incompleta ou que poden inducir ao erro, o que prexudica a imaxe do concello e dificulta que quen visita Cambre dispoña dunha información fiable e acorde coa realidade actual.

Entre os exemplos destacados atopase a ruta de sendeirismo PR-G17 “Arredor de Cambre”, que leva anos sen mantementos e carece de sinalización nalgúns tramos. A denominada “praia Entrepontes”, unha referencia incorrecta xa que non se trata dunha praia, así como a ausencia da localización do parque das Gamelas na información publicada.

Alternativa considera que non se está a ofrecer unha presentación á altura do potencial turístico de Cambre e insiten na necesidade de adaptar os contidos e manter un bo estado de conservación dos espacios que se promocionan.

Comparte esta nova!