Carral deixa atrás os “esqueletos urbanos” da crise inmobiliaria

A eliminación das promocións urbanísticas paralizadas pola crise inmobiliaria de 2008 foi unha das prioridades durante dos gobernos de Alternativa encabezados por Javier Gestal.

A día de hoxe, aqueles edificios que permaceron anos sen rematar atópanse xa finalizados ou en proceso comercialización, con vivendas vendidas e habitadas.

Desde Alternativa destacan que esta recuperación foi posible grazas ás xestións realizadas co Sareb do entón alcalde Javier Gestal, que permitiron o desbloqueo dos proxectos urbanísticos.

A actuación estaba enmarcaba na folla de ruta de Alternativa dos Veciños de Carral, centrada en recuperar desenvolvementos urbanísticos estancados e eliminar a imaxe de abandono no casco urbano do municipio.

Alternativa celebra que promocións situadas en rúas como Méndez Búa, Rosalía de Castro, Víctor Velasco e Alto do Castro formen xa parte da recuperación urbanística do municipio e dean resposta á demanda de vivenda existente.

Comparte esta nova!