A medida que foi imposta polo propio executivo no pasado mes de novembro, ao abeiro do Regulamento Orgánico Municipal (ROM).
Porén, a realidade é que as respostas continúan sen chegar nos prazos establecidos. No último pleno, o goberno limitouse a dar lectura ás contestacións durante a sesión, sen remitilas previamente aos grupos municipais, incumprindo novamente o procedemeento aprobado por eles.
A situación dificulta a labor fiscalizadora da oposición e evidencia unha falta de rigor no cumprimento das normas do funcionamento interno do Concello.
Alternativa reclama ao executivo que rectifique esta dinámiica e repecte os compromisos de transparencia que decidiu implantar, garantindo que a información chegue en tempo e forma a todos os grupos municipais.