Exceso de velocidade e deficiencias nas rúas Balado e Miguel González Garcés

A veciñanza de ambas rúas denuncian excesiva velocidade de circulación dos vehículos e deficiencias na mobilidade peonil.

Alternativa traslada ao goberno local a situación de inseguridade viaria das céntricas rúas que á alta velocidade de circulación se suma unha infraestrutura deficiente para a mobilidade peonil.

Sumado á velocidade coa que circulan os vehículos, en rúa Balado a falta de delimitación clara das beirarrúas e de pasos de peóns adecuados. E na rúa Miguel Gonzalez Garcés o deterioro do pavimento (con múltiples fochancas) agravan os problemas de mobilidade e accesibilidade.

Trátase de dúas vías con alta utilización diaria, tanto pola cercanía a diferentes establecementos comerciais, como por dar acceso ao parque infantil e a piscina municipal.

A situación resulta especialmente complexa para persoas con mobilidade reducida e familias con carriños infantís, nunha zona que gaña moita afluencia coa chegada do bo tempo.

Ante esta realidade, Alternativa dos Veciños insiste na necesidade de implantar medidas para a reducción da velocidade de circulación e reforzo na sinalización, co fin de garantir unha maior seguridade peonil.

Comparte esta nova!