A iniciativa apoiada por Alternativa reclama reforzos na atención educativa

A corporación de Culleredo acadou un acordo para esixir á Xunta de Galicia a elaboración e posta en marcha dun plan de choque para o reforzo do profesorado de Pedagoxía Terapeútica (PT) e de Audición e Linguaxe (AL) nos Centros Públicos de Culleredo co obxectivo de dar resposta ás necesidades reais do alumnado.

Alternativa formou parte da declaración institucional, reafiramando seu compromiso firme e continuado coas demandas da comunidade educativa.

O grupo leva tempo apoiando as reivindicacións, tanto neste curso escolar no CEIP Ría do Burgo, como no anterior no CEIP Tarrio e no IES Rego de Trabe.

A declaración acorda demandar ao goberno autonómico, ademáis do plan de choque, outros puntos:

– Garantir os recursos económicos e humanos para asegurar a estabilidade, eficacia e continuidade do plan no tempo.

-Instar á Xunta á revisión dos criterios de asignación e das ratios establecidas para o persoal PT e AL, co fin de garantir unha atención verdadeiramente inclusiva e adaptada ás necesidades específicas do alumnado.

-Asegurar a cobertura do persoal necesario dende o inicio de curso escolar, evitando demoras.

Alternativa subliña que a educación pública deber ser unha prioridade real e non unha declaración de intencións, e continuará traballando da man das comunidades educativas.

Comparte esta nova!