Alternativa propón a creación dun espazo xove no quiosco da Praza da Igrexa de Vilaboa

Alternativa volverá a levar a pleno a instalación cunha moción ca que propón a creación dun servizo para a xuventude nesta céntrica instalación.

O servizo supliría a inexistencia de instalacións dirixidas ás novas xeracións co obxectivo de ofertar un espazo de encontro, onde poder desenvolver actividades ou pasar o tempo de lecer, servindo ao mesmo tempo como punto de conexión co departamento de xuventude do Concello.

A iniciativa responde a diferentes demandas veciñais recibidas dende o grupo municipal, sobre as poucas opcións de lecer e servizos que o Concello de Culleredo ofrece para que a xuventude poida desenvolver un ocio saudable e participativo. E, por outra parte, polo aproveitamento do patrimonio e recursos municipais existentes.

Comparte esta nova!