Alternativa pide mellor xestión dos pagos dos premios de entroido

O pasado pleno aprobou as bases reguladoras para o concurso de disfraces do Entroido Pequeno de Cambre.

Alternativa dos Veciños votou a favor das bases, pero reiterando a necesidade de mellorar a xestión municipal para garantir o pagamento dos premios en tempo e forma.

Dende Alternativa subliñan que unha correcta planificación e xestión administrativa é clave para seguir cumprindo o obxectivo de impulsar a participación da veciñanza na emblemática celebración e preservar a credibilidade das actividades culturais promovidas dende o Concello.

Comparte esta nova!