Preguntas sen resposta no Concello de Culleredo

No pasado mes de novembro, ao abeiro do Regulamento Orgánico Municipal (ROM), o executivo de Culleredo confirmou que as propostas e preguntas formuladas oralmente no pleno serían respondidas por escrito antes da seguinte sesión plenaria.

Porén, dous meses despois da entrada en funcionamente desta nova dinámica, o goberno local non está a cumprir o acordando, xa que os grupos da corporación non están a recibir contestacións antes da celebración dos plenos.

Alternativa lembra que a transparencia e o respecto ás normas internas son elementos básicos para o correcto funcioanamento democrático do Concello, polo que esixe ao goberno municipal que rectifique esta situación e cumpra coa normativa vixente.

Comparte esta nova!