Os cambios na lei do solo afectan a Cambre: Alternativa esixe que a veciñanza sexa informada

Esta modificación legais teñen unha afectación directa sobre a veciñanza de Cambre, que continúa en espera dun Plan Xeral. Entre outros cambios, esta modificación abre a posibilidade de acometer reformas  en determinadas vivendas fora de ordenación.

Hai xa case un mes que foron publicadas as medidas fiscais e administrativas do 2026,  que incluén modificacións relevantes na lei do solo e tamén na lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia

Esta cuestión é de especial interese para moitas familias do municipio, que teñen grandes limitacións para a rehabilitación das súas propiedades. Con tal repercusión urbanística desta modificación lexislativa Alernativa dos Veciños esixe ao goberno municipal que informe con detalle e de maneira accesible á veciñanza sobre o contido desta nova lexilación, así como sobre as súas posibles consecuencias no ámbito municipal e no PXOM.

Desde Alternativa consideran imprescindible achegar estas informacións tan relevantes para a cidadanía.

Comparte esta nova!