Alternativa apoia a asignación do POS de case 140 mil euros en gastos sociais

Alternativa dos Veciños de Cambre votou a favor da proposta, que o goberno local presentou no pleno extraordinario celebrado onte, para destinar esta achega da Deputación de A Coruña.

O grupo apoiou a proposta dende a Concellería de Servizos Sociais, Educación, Cultura e Movemento asociativo para destinar 63.744,78 € para o reforzo de persoal en servizos sociais e 74.839,85 € para as axudas de emerxencia e necesidade social.

O grupo municipal continúa co seu obxectivo firme de impulsar aquelas propostas que sexan positivas para a veciñanza. Criticando a abstención do grupo UxC a esta actuación, a pesar de ser unha achega que se executa anualmente.

Comparte esta nova!