Cándo se incorpora o novo persoal de urbanismo?

O grupo esixiu coñecer o estado do proceso selectivo pero non obtivo por parte do goberno municipal contestación aclaratoria, a pesar de tratarse da solución que propoñen para o avance do Plan de Ordenación Municipal (PXOM).

Alternativa trasladou a súa preocupación e demandou información do proceso de selección das dúas prazas de arquitecta/o que supoñería un reforzo para o Servizo de Urbanismo.

O goberno local indicou que o proceso “continúa en curso”. Sen establecer nin datas previstas para a súa resolución e, polo tanto, tampouco para a incorporación deste novo persoal que permitiría unha mellora do servizo de urbanismo e, asímesmo, un alivio de carga de traballo para o persoal do departamento.

Dende Alternativa confirman que daran exhaustiva continuidade ao proceso selectivo en aras de impedir a parálise da selección que supón, entre outras cousas, un dos posibles impulsos que poden facer avanzar o PXOM.

Comparte esta nova!