Alternativa solicitará no pleno da Deputación a ampliación da estrada en Lóngora

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa solicitará no pleno da Deputación a ampliación da estrada en Lóngora

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños vai presentar unha moción no próximo pleno da Deputación da Coruña para solicitar a urxente contratación das obras de ampliación nun tramo da estrada que vai de Coruxo a Montrove, fronte ao Pazo de Lóngora. Alternativa reclama a realización desta actuación este ano.

Esta estrada ten un elevado tránsito de vehículos e peóns, o que require dunha ampliación do vial desde a Deputación, dotándoo de beirarrúas ou beiravías. Nestes momentos non chega a ter un ancho superior aos catro metros, sendo unha estrada de dobre sentido de circulación.

Estas melloras foron solicitadas en distintas ocasións polo Concello de Oleiros, que achegou un anteproxecto valorando a obra en 145.348,78 €. Desde o Goberno municipal tamén se logrou o solo necesario para a ampliación, por cesións e por expropiacións, polo que neste momento non existe traba algunha.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!