O Concello de Bergondo solicita a colaboración cidadá para eliminar os plumachos

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Bergondo solicita a colaboración cidadá para eliminar os plumachos

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños impulsa no Concello de Bergondo unha política de erradicación de especies invasoras dada a grande ameaza que supón para a diversidade medioambiental. Este ano, dada a súa importante proliferación, están a eliminarse moitos plumachos de camiños e fincas municipais.

Para que a actuación sexa completa, é preciso a colaboración de veciños e veciñas. As persoas propietarias de parcelas con plumachos tamén teñen unha importancia grande na erradicación desta planta invasora.

Desde o Goberno de Bergondo tamén se está a demandar á Xunta, á Deputación e ao Ministerio de Fomento que eliminen os plumachos das vías da súa competencia.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!