Mellora da rede de saneamento e abastecemento de auga, iluminación pública e reparacións viarias de execución inmediata son algunhas das partidas que se incrementan con esta modificación de crédito.
Gracias a aprobación deste expediente de crédito poderase executar unha mellora da proposta para a contorna do Pazo de Baldomir, asfaltado e regularización de varios pasos de peóns no polígono ou a cofinanciación de proxectos como a reparación de camiños rurais en Fiobre, Montecelo, San Vitorio e Babío (con AGADER) ou a actuación, tamén en camiños, de diferentes parroquias a través POS+ 2026 da Deputación.
Alternativa destaca a saúde económica de Bergondo e lamenta non contar co apoio de PP e BNG, que se abstiveron na aprobación deste expediente que permitirá investimentos de relevancia para a veciñanza.