600 mil euros de facturas de luz informadas negativamente polo interventor
O pleno do vindeiro xoves leva a aprobación de facturas que non contan co informe favorable do interventor.
Algo que pleno si, pleno tamén acostuma o goberno municipal é a traer a aprobación de facturas que presentan reparos da intervención. Neste caso 600 mil euros en facturas da luz do 2019 e 2020.
O informe do interventor resulta negativo ao tratarse de facturas que non se axustan aos termos do contrato en vigor.
Alternativa dos Veciños non pode dar o seu voto favorable ante tal xestión e falta de previsión, xa que o orzamento de 2019 cerrouse con reparos de intervención por incumprimento da regra gasto.