275.106 euros para renovar o Centro Sociocultural de Mariñán

Nestos días iniciáronse as obras que permitirán a reforma integral e ampliación do Centro Sociocultural de Mariñán.

O investimento municipal ascende a 275.106,90 euros, financiados a través dun suplemento de crédito. A intervención incluirá a mellora da accesibilidade e da eficiencia enerxética do edificio, así como a ampliación cun novo almacén.

O deseño do proxecto permitirá unha integración coa contorna, habilitando unha pequena zona tipo praza na que situará o novo almacén. Esta reforma posibilitará contar cunhas instalacións modernizadas e de maior calidade para múltiples usos das entidades e da veciñanza. Ademais, a ampliación cun novo almacén, dará resposta ás demandas trasladadas polo colectivo de cazadores.

O proxecto sae adiante a pesar das actitudes amosadas por parte dos grupos da oposición: por unha banda, con informacións falsas vertidas polo PP afirmando que o almacén non estaba contemplado no proxecto e, por outra, pola abstención do BNG ao investimento (e outros proxectos contidos no suplemento de crédito) xustificandose en contra do almacén para os cazadores.

Comparte esta nova!