Unha nova fakenew do PP de Oleiros acaba nun xornal “serio”

O Concello vese obrigado a aclarar que ten Plan de Emerxencias Municipal desde 2006

Hai unha práctica xornalística bastante extendida —especialmente en Oleiros para tratar de acosar ao goberno da Alternativa— que consiste en difundir os bulos que poñen en circulación os partidos da oposición. Chegan ás redaccións, e estas non se molestan en contrastalo coa realidade. É un uso das Fake News incluso moi anterior a que este fenómeno fose xeralizado como agora.

O último exemplo produciuse cando o PP de Oleiros difundía unha información falsa. O Goberno Municipal tivo que defenderse aclarando que, en contra do que se afirmaba, “o Concello de Oleiros si ten PEMU (Plan de emerxencias Municipais), aprobado por Decreto de Alcaldía no 2006 e homologado pola Comisión galega de Protección Civil”.”, xa que Oleiros foi un dos primeiros concellos de Galicia que o tivo. “Aínda a día de hoxe, —aclara o Concello— a meirande parte de municipios non o teñen.

Tamén aclara o goberno encabezado por Ángel García Seoane que a limpeza dos leitos dos ríos é unha competencia da Xunta, a través de Augas de Galicia, non de ningún Concello. “Se o PP quere contribuír a evitar inundacións, en lugar de difundir bulos e mentiras, amosando unha vez máis a súa falta de coñecemento sobre Oleiros, debería actuar desde o Goberno autonómico e limpar adecuadamente os leitos dos ríos”.

O luns 24 de febreiro rexistrouse unha choiva que non se coñecía desde o ano 1931. O Concello lembra que na zona da Lagoa de Mera, a pesar das forte chuvias, foron moito menores ás que se daban antes do 1995, ano no que se acometeu a obra de ampliación do túnel de saída de auga da Lagoa cara a Praia de Santa Ana. “Antes do 1995, cando se producían fortes precipitacións –de menor envergadura que as do pasado luns-, as inundacións era moito máis considerables, ata o punto de que a auga chegaba ata o teito dos garaxes”.

(Na fotografía, unha imaxe que mostra as inundacións que se producían antes de 1995 no interior das garaxes)

Comparte esta nova!