Sen sorpresa ante o resultado electoral

García Seoane di que quen agardaba un cambio substancial non coñece o país

García Seoane di que quen agardaba un cambio substancial non coñece o país

Pouca novidade e pouca sorpresa nos resultados das eleccións ao Parlamento Galego do pasado 18 de febreiro. O arrastre de Feijóo, que fixo de locomotora do candidato conservador e presidente da Xunta, Alfonso Rueda, unido ao poder territorial do PP foi suficiente para manter a maioría absoluta.

As galegas tiñan un evidente trascendencia nacional, “quen non o vexa así, está cego”, según comentou o presidente da Alternativa dos Veciños e alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane: “As voces que auguraban cambios substanciais, lamentablemente non coñecen o país”.

“Vendeuse que o presidente do Goberno era prácticamente un terrorista, un separatista, que ía afundir o país por pactar con outros partidos, e iso pasoulle factura ao PSOE, aínda que todo sexa unha falacia da dereita. Quen crea que o PSOE quere dividir España, está engañado”.

García Seoane lamentou o espectáculo de división da esquerda de visión española, con Sumar e Podemos pugnando polo mesmo e reducido espazo eleitoral. Calificou de “viúva negra” á lideresa da formación rosada, pola tendencia personalista e pouco leal que demostra en toda formación na que milita.

Neste panorama, o Bloque exerceu de voto refuxio e foi quen de concitar o interés de boa parte da esquerda, o que explica o despegue como primeira forza da oposición a gran distancia do PSdG.

Comparte esta nova!