Desenvolvemento Urbano Sostible
— Remodelación da Rúa da Praia. Bulevar e zona peonil con carril bici ata o final do Curruncho.
— Reordenación do tráfico en Rúa da Obra para residentes, garaxes, carga e descarga.
— Malecón ao final do Curruncho con paseo elevado sobre pilotes ata o Castelo/Batería de Corbeiroa.
— Promover a construción dunha piscina de Mareas de auga salgada (zona Curruncho) onde se está erosionando a Praia (estilo Talaso antiga cetarea Monte Boi, Baiona).
— Nova ordenanza para a eliminación de pintadas baseada na teoría das xanelas rotas.
— Ampliación do merendero do parque do Rego de Fontoira contiguo ás pistas cubertas. Plantación de árbores froiteiras para goce de veciños e colexios próximos.
— Rede de carrís bici as os colexios, futuro centro de saúde, gardería e piscina.
— Recuperar o Edificio do Tanatorio de As Brañas para equipamento municipal.
— Executar definitivamente o proxecto construtivo da apertura do Río Maior. Adquirir e poñer ao dispor da Xunta os terreos para executar a obra e facerse cargo do seu mantemento para evitar as inundacións en Sada. Cumprir o acordo plenario de realizar un simulacro de tráfico rodado no centro urbano.
— Executar o Plan Director Municipal para protexer A Terraza e o seu contorno que son BIC, e, no caso de que o inmoble non revertese no Concello esixir ao propietario a súa restauración tal como indica a declaración BIC.
— Contratar un estudo de circunvalación do tráfico rodado para evitar que o tránsito de vehículos á Coruña e Betanzos teña que atravesar o centro urbano e, á vez, atopar a mellor vía de entroncamento coa Vía Ártabra.
— Esixir á Xunta a definitiva asignación orzamentaria e prazos para arranxar e mellorar a depuradora de augas.
— Consecución dos terreos necesarios para a futura construción dunha casa do pobo na parroquia de Mosteirón.
— Corrección do plan xeral para proceder á cubrición das pistas polideportivas municipais.
— Plan de creación de beirarrúas nas distintas parroquias do municipio.
— “Todos” os edificios oficiais, ( sen excepcións ) do Concello deben dispoñer de accesos para discapacitados. O edificio principal, o de Urbanismo do Porto, O Centro Social, Oficina de Servizos Sociais, e calquera outro.
— Realizar un rastrexo/estudo en polo menos os centros urbanos de Sada, Carnoedo etc., de puntos onde se precise completar o rebaixe de bordos/aceiras para facer accesibles as contornas urbanas de Sada.
— MANTEMENTO DAS INFRAESTRUTURAS. Non só se trata de crear senón tamén de manter e conservar as xa realizadas. É evidente que Sada sufriu unha gran deterioración, pódese observar desde o mal estado de beirarrúas no propio centro de Sada, ou por exemplo as varandas do paseo marítimo de Sada.
— AREA DE CARAVANAS. Creación dunha área de caravanas.
— CAMBIO LOCALIZACIÓN SEM. O servizo de emerxencias de Sada atópase nunha localización que non é facilmente accesible para os servizos. Contan cun edificio que non se atopa adaptado ás necesidades deste servizo. Debería de atoparse nunha localización que permitise un bo acceso.
— MELLORA DAS INSTALACIÓNS DA NAVE DE OBRAS E SERVIZOS. As instalacións onde se atopan situado obras e servizos é deficiente. Trátase dunha nave situada nun lugar sen apenas sitio de almacenamento, onde todo se amontoa.
— FALTA COIDADO PATRIMONIO. Coidado do patrimonio do municipio, tales como lavadoiros, fontes etc.
Sanidade
1º. Conseguir o traslado, canto antes, do Centro de Saúde á parcela xa habilitada para iso. Expor ao Sergas a urxencia que ten o noso concello neste traslado, para corrixir unha carencia e erro históricos que nunca debeu cometerse. Celebrar reunións con responsables do SERGAS xa, sen demora e facilitar por todos os medios do Concello que isto se produza canto antes.
2º. Conseguir do Sergas que Sada dispoña xa do Servizo de Hospitalización a domicilio, servizo que dispoñen outros concellos limítrofes coa capital, como Oleiros, Arteixo. Este servizo pode ser moi necesario en casos de pacientes terminais que queren vivir os seus últimos días nas súas casas coas súas familias, asistidos alí por profesionais, e non nun frío hospital. Outros servizos poden ser prestados por estes profesionais en casos de grandes dependentes aos que se lles eviten desprazamentos aos hospitais ou centros de saúde.
Servizos Sociais
1º. Colaborar presupuestariamente de forma proactiva, e como bandeira do Concello cunha importante entidade, que realiza unha magnífica e encomiable labor, radicada en Sada, como é ASPACE, para facilitar urbanisticamente a súa ampliación para mellora de servizos aos seus usuarios.
2º. Promover e facilitar a construción de residencias públicas para a terceira idade.
3º. Promover a restauración do baile para a terceira idade na Casa da Cultura Pintor Llorens.
4º. Recuperación do Día dos Maiores nas Festas de Sada.
5º. Creación dun plan de actividades de envellecemento activo para a terceira idade.
6º. XESTIÓN DA LEI DE DEPENDENCIA: tema primordial para Sada. Este concello conta cunha boa parte da súa poboación que require coidados especiais e por parte dos actuais servizos sociais tárdase ata seis meses en xestionar a lei da dependencia. Efectivamente a lei de dependencia é competencia da Xunta, pero desde os servizos sociais tárdase ata dous meses en acudir a realizar a visita por parte da asistenta social para avaliar a situación do solicitante. Os servizos sociais actuais (en canto a persoal e recursos) son escasos tendo en conta a poboación actual de Sada.
7º. MATERIAL PARA DEPENDENTES: non existe no concello camas, cadeiras de rodas ou ben calquera outro obxecto de gran custo económico que requiran as persoas dependentes. É necesario ter en conta o alto custo que supón adquirir unha cama articulada e por parte dos servizos sociais non “colaboran” nin dispoñen destes bens para prestarllos aos cidadáns que o necesiten.
8º. SERVIZOS SOCIAIS NON SÓ PARA TERCEIRA IDADE. É necesario que os servizos sociais colaboren con institucións escolares para tratar temas tan graves como pode ser o acoso escolar, debe existir unha integración e colaboración entre distintas entidades para dar cobertura ás distintas situacións que poidan xurdir a distintas idades e non só para persoas da terceira idade. Proposta crear unha área de servizos sociais para familias, en especial contra o acoso escolar.
Cultura
1º. Adquisición dos locais de Baroke e Moby Dick para exposicións ou salas culturais polivalentes.
2º. Integrar o Auditorio Carlos Maside do Castro dentro da rede de actividades culturais.
3º. Creación de Despacho de billetes on-line para os eventos culturais do Concello.
4º. Creación dunha rede de bibliotecas municipais en todas as parroquias do termo municipal.
5º. Recuperación do Festival Musical, “Touliña Pop”.
6º. Trasladar unha actividade festiva con animación musical para a celebración da noite de fin de ano.
7º. Recuperación do museo Carlos Maside do Castro.
8º. Creación dun ciclo de proxección de cinema galego en colaboración co CGAI co nome de: Xornadas de Cinema Gallego, Modesto Pena, “Lito”.
9º. Recoñecemento mediante acto público dos artistas, intelectuais ou personaxes mediáticos de Sada.
10º. Realizar máis sesións de teatro, dirixido a poboación de todas as idades, cinema… trátase de realizar actividades para de forma semanal que permita acudir a poboación de todas as idades. Este punto podería ir da man dun convenio coa sociedade de Sada e que se integre como centro para actividades culturais organizadas polo concello.
11º. Recuperar a concesión marítimo terrestre da Sociedade de Sada para abrir as súas instalacións e usos á cidadanía baixo convenio proporcionando deste xeito seguridade xurídica.
Mocidade
1º. Recuperar o edificio do Tanatorio das Brañas para casa da mocidade e posterior contratación de monitorado profesional para a realización de actividades lúdicas e formativas.
2º. Contratar un plan de acción, concienciación e prevención de malos hábitos saudables como o consumo de drogas.
3º. Creación de Tertuliarios en parques públicos para a mocidade.
Medio Ambiente
1º. Rexeneración da praia urbana das Delicias. Aumento da masa de area, mellorar a accesibilidade e transplantar a outras localizacións a zona de zoostera afectada.
2º. Mellorar os servizos das praias de Cirro e San Pedro co obxectivo de conseguir a primeira bandeira azul do municipio.
3º. Nova ordenanza municipal para evitar as talas indiscriminadas da masa forestal e a deterioración dos camiños rurais.
4º. Creación e fomento de novos roteiros de sendeirismo no termo municipal.
5º. Mellorar os accesos ás praias.
6º. Creación de aparcadoiros disuasorios para as praias.
7º. Esixir á Xunta de Galicia o cumprimento das súas competencias no relativo ao control da fauna salvaxe en concreto da proliferación descontrolada dos xabarís.
8º. Recuperación para o uso e goce da cidadanía da zona das lagoas das Brañas.
Educación
1º. Recuperación e posta en valor do horto do Colexio de Mondego.
2º. Esixir á Xunta a implantación de estudos de FP, grao básico, en Sada.
3º. Atracción de profesorado vocacional a través das casas de profesores do Colexio de Mondego.
4º. Solicitar xornadas de portas abertas nos comedores escolares para o coñecemento directo das nais e pais sobre a alimentación dos seus fillos e o seu correcto funcionamento.
Emprego
1º. Posta en funcionamento do Centro de Formación Ocupacional de Osedo. Promover talleres de emprego.
2º. REACTIVACION DA ZONA PORTUARIA DE SADA. O porto de Sada débese de reactivar en colaboración con portos de Galicia para crear unha zona industrial portuaria.
3º. CREACION DUN AREA INDUSTRIAL. Sada non pode depender a nivel económico unicamente do turismo, senón que se debe favorecer a instalación de empresas en Sada (zona polígono arco da vella).
4º. Creación dun Banco de Baixos Comerciais dentro dunha bolsa de axudas ao emprendemento.
Deportes
1º. Executar a Cidade Deportiva de Mondego.
2º. Creación de Escolas Municipais Deportivas.
3º. Reparación da pista de patinaxe.
4º. Mellora do campo de fútbol de Carnoedo e estudar a súa futura transformación en campo de herba artificial.
5º. Cubrición de todas as pistas deportivas municipais.
6º. Reparación e remodelación da pista polideportiva municipal.
Parroquias
Nomeamento de Alcaldes de barrio como interlocutores directos co alcalde para coñecer de primeira man os problemas das parroquias e así poder atallalos do modo máis eficaz posible. A figura do Alcalde de Barrio existe no ROM do Concello de Sada.
Esixir á Xunta unha liña de transporte público con parada e tránsito pola parroquia de Mosteirón.