Esta semana comeza o reparto do libro Oleiros en Verde

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Esta semana comeza o reparto do libro Oleiros en Verde

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O Concello de Oleiros editou unha publicación para informar e dar a coñecer o importante patrimonio de parques públicos do que dispoñen todos os veciños e veciñas. Oleiros conta con 972.000 metros cadrados de zonas verdes espalladas por todas as localidades.

O libro consta de 140 páxinas a toda cor que inclúen numerosas fotografías das zonas verdes públicas. En total aparecen recollidos os 52 parques de maior extensión do Concello de Oleiros, dos que se informa sobre a súa historia, adquisición e características principais.

“Os veciños, ás veces, non saben os parques públicos que existen en Oleiros. Coñecen os da súa localidade pero non saben que existen montóns de zonas verdes polo municipio. E non estamos a falar de parques cunhas extensións ridículas, como os que existen noutros concellos. En Oleiros temos parques de 20.000, 30.000, 15.000, 60.000… metros cadrados para que a cidadanía o pase ben e goce do seu patrimonio”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Este venres día 21 de decembro comezará o reparto de Oleiros en verde. Entregarase en man en todos os domicilios durante as vindeiras 4 semanas. Naquelas vivendas onde os repartidores non atopen a ninguén deixarase unha notificación coa que se poderá recoller a publicación na Casa do Concello ou na Fábrica.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!