Porto de Lorbé: primeiro o saneamento

Queda moi chulo falar da ampliación, un proceso que levará anos... pero nada falan do saneamento: poden empezar xa polo bombeo

O primeiro que ten que facer a Xunta de Galicia no porto de Lorbé é poñer o saneamento. Portos de Galicia segue sen instalar o bombeo necesario para conectar á rede de saneamento as empresas e edificios situados na zona portuaria.

Existe un compromiso por parte do Concello para realizar o tramo pendente de tubería ata a conexión coa rede municipal, pero é a Xunta a que debe colocar o bombeo por estar na zona portuaria.

Veñen eleccións no 2027 e algúns xa empezan a vender fume. Hoxe falan do dragado e ampliación do Porto de Lorbé, pero en vez de dicilo o que teñen é que facelo. Se chega a ser realidade nalgún momento, non será nunca antes de 5 ou 6 anos; pero do saneamento non din nada.

Comparte esta nova!