[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O pleno de Oleiros aproba o orzamento do Concello para o 2022, de 39,5 millóns
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O pleno municipal aprobou o orzamento do Concello de Oleiros para o ano 2022, que se incrementa nun 21,70% en relación ao do anterior, acadando 39.565.000 euros. O principal obxectivo do Goberno municipal é conservar a ampla infraestrutura de equipamentos e seguir ofrecendo uns servizos públicos de calidade, de aí que o gasto en persoal municipal e os gastos correntes sumen 24 millóns, o 61 % dos recursos municipais.
PREVISIÓNS DE INGRESOS:
1. Impostos directos: 11.145.000,00 euros
2. Impostos indirectos: 1.500.000,00 euros
3. Taxas e prezos públicos: 6.861.446,00 euros
4. Transferencias correntes: 11.350.080,00 euros
5. Ingresos patrimoniais: 294.060,00 euros
6. Alleamento investimentos reais: 0,00 euros
7. Transferencias de capital: 1.285.000,00 euros
8. Activos financeiros: 36.000,00 euros
9. Pasivos financeiros: 7.093.414,00 euros
PREVISIÓNS DE GASTOS:
1. Gastos de persoal: 11.037.460,00 euros
2. Gastos correntes: 13.256.870,00 euros
3. Gastos financeiros: 36.000,00 euros
4. Transferencias correntes: 1.499.620,00 euros
5. Fondo de continxencia: 350.000,00 euros
6. Investimentos reais: 13.349.050,00 euros
7. Transferencias de capital: 0,00 euros
8. Activos financeiros: 36.000,00 euros
9. Pasivos financeiros: 0,00 euros
O incremento máis elevado é o correspondente aos investimentos. Nese capítulo recóllense as obras que se pretenden realizar durante o vindeiro ano e aumenta respecto ao 2020 un 121,47%, debido aos cambios lexislativos que permiten utilizar os recursos económicos do Concello que se atopaban inmobilizados nos bancos.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]