O Pleno do Concello de Oleiros aprobou inicialmente unha modificación de crédito con cargo aos remanentes afectados pola Lei Montoro

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Pleno do Concello de Oleiros aprobou inicialmente unha modificación de crédito con cargo aos remanentes afectados pola Lei Montoro

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Máis de 5.490.000€ dos remanentes serán destinados a obra pública e servizos para o municipio de Oleiros.

O Pleno de hoxe, xoves 13, aprobou cos votos a favor de Alternativa dos Veciños, BNG e Ciudadanos unha modificación de crédito por máis de 5.490.000 euros que serán destinados a obra pública e servizos para o Concello de Oleiros.

Con cargo a esta modificación efectuaranse 52 obras de importancia para o municipio de Oleiros, como a rede de saneamento , pavimentacións, melloras enerxéticas en edificios municipais, rehabilitación de lavadoiros, enerxía eléctrica, acondicionamento de parques e xardíns, entre outras.

Ademais, arredor de 900.000 euros serán destinados ao pagamento de facturas de servizos municipais e obra pública que se prevían abonar con cargo ao actual orzamento. Para paliar os ingresos previstos pola venta de parcelas municipais que, dada a situación provocada polo COVID-19, se viu afectada.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!