O Plan Xeral de Cambre segue a estar moi lonxe de ser unha realidade

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Plan Xeral de Cambre segue a estar moi lonxe de ser unha realidade

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A Xunta de Galicia informou desfavorablemente o documento de Plan Xeral elaborado polo Goberno municipal por incluír excesos de edificabilidade, reclasificación abusiva de solos rústicos a urbanizables, incumprimento na protección dos solos limítrofes a bens patrimoniais, entre outras moitas. É dicir, unha total ilegalidade e unha política especulativa do solo coa que se enganou a centos de cidadáns durante a campaña electoral, prometendo recalificacións imposibles.

O Goberno de Cambre informou nunha reunión aos voceiros dos grupos da oposición sobre a situación na que se encontra o documento do Plan Xeral. Alternativa dos Veciños considera que o Goberno municipal ten que atender as demandas legais da Xunta de Galicia se queremos que Cambre teña un Plan Xeral para o pobo, e non para os especuladores.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!