O párroco de Dexo impide ao Concello sinalar o perigoso estado do cruceiro da igrexa
Ante as numerosas chamadas realizadas ao Concello por parte dos veciños e veciñas de Dexo, operarios municipais procederon no día de onte a valar o cruceiro da Igrexa de Dexo por presentar un perigoso estado de conservación. Poucas horas despois, o párroco ameazou ao Concello con presentar unha denuncia ante a Garda Civil por actuar nunha propiedade privada sen o seu consentimento.
Ante a actitude do sacerdote, o Concello de Oleiros decidiu retirar o valado malia o risco que esta situación supón para as persoas que acoden a esta igrexa románica que foi reconstruída polo Concello de Oleiros pedra a pedra no ano 1990. Recentemente, tamén caeu outra cruz de pedra que se atopaba no alto da igrexa, por sorte sen causar danos persoais.