O conflito das tarifas da auga en Cangas ven xa desde 2014 cando a UTE Xestión Cangas gaña a licitación do ciclo integral da auga. Nas cláusulas 33 e 35 do prego de condicións do contrato, aludíase ás tarifas que a concesionaria recibiría dos contribuíntes, que serían as recollidas nas ordenanzas fiscais que se atopasen vixentes en cada momento.
Por iso Alternativa foi aprobando en Pleno diferentes ordezandas das tarifas, para non permitir que a empresa puidera aplicar as tarifas do ano 2014 que supuxeron o TARIFAZO, e contra isto a UTE sempre demandou no xulgado para conseguir que as tarifas que se aplicasen son as que lles reportarían maiores beneficios pero o que suporía un incremento no recibo da auga a veciñanza.
En Alternativa sempre defendemos o mesmo argumento, que a empresa quere percibir máis cuantía da que realmene lle corresponde por eso loita para que se aplique o Tarifazo, e ata o día de hoxe todas as sentenzas nos deon a razón, xa que os datos son os seguintes:
- Ordenanza 15-16 : A UTE reclamaba a cuantía de 1.063.377,21 €, e desde o Concello indicamos que o que considerabamos que se tiña que abonar era 674.196,18 e a Sentenza dí que o que se ten que abonar son 708.539,56 €, polo que o que gañamos foi 354.837,65 €.
- Ordenanza 17-18: A UTE reclama a cuantia de 620.182,19 € , e neste caso desde o Concello defendemos que a cuantía que correspondía era 266.606,36, e a sentenza recoñece que a cuantía a abonar é xustamente a que indicamos na pericial, polo que o que gañamos foi 353.575,83 €.
- Ordenanza 19-20: A UTE reclama a cuantía de 403.604,80 €, e neste caso a cuantía que defendemos que nos correspondía aboar era a de 267.369,24, e a Sentenza incluso defende que temos que abonar menos e que a cuantía correcta é a de 253.854 €, polo que o que gañamos foi 149.750,80 €.
O que significa que desde o 2015 ao 2020 a UTE quería que o Concello lle aboara 858.164,28 € máis do que realmente lle correspondía, e que a xustiza nosdeu razón grazas a defensa pericial realizada.
Pero non tdo remata aquí , senón que ademais nas reclamacións do 15-16 e 17-18, a pericial que presentamos demostrou a manipulación do cadro tarifario no concepto de fixo saneamento,esta modificación de non se ter identificado e arranxado tería a seguinte consecuencia para a veciñanza:
Un sobrecuste do servizo a 25 anos que na previsión máis favorable sería de 2,7 millóns € e na máis pesimista (aumento do número de usuarios) podería chegar os 3,2 millóns € durante os 25 anos asinados do contrato.
Alternativa está orgullosa do traballo realizado e que con traballo non permitimos os sobrecusto que se pretendían aplicar a veciñanza, pero tamén podemos facer a reflexión de que desde o ano 2015 ata o 2020 a UTE foi denunciando ordenanza fiscal unha a unha co único propósito de que a veciñanza pague máis por un servizo básico e moi deficiente pola ausencia de mantemento.
E non parará nas seguintes xa que amenazou xa coa demanda das ordenanzas seguintes 21 e 22, ata conseguir o que está a demandar.
Por eso, desde Alternativa temos claro que a única forma para rematar con esta batalla xudicial que o único que nos consume é tempo e recursos municipais, e non nos leva a conseguir un mellor servizo, é a rescisión de dito contrato e se asuma o servizo polo Concello e así poder reinvertir na propia rede os beneficios que se xeneran. E o Goberno Municipal actual xa ten na súa man as ferramentas para levalas a cabo e un pacto de gobero que o inclue. Soamete pedimos que se cumpla e que non deixen na man da UTE esta situación, pois si é así é seguro que o recibo da auga sufrirá un incremento seguro.