Orzamentos de Cangas: o goberno non quere negociar

Alternativa propón emendas parciais aos orzamentos presentadas o día 11 de xuño

Ante a desinformación que estamos a vivir por parte dos medios de comuniciación, principalmente da prensa escrita, queremos trasladarvos o traballo realizado en prol dos orzamentos que levamos a cabo.

O 17 de abril fixemos chegar por escrito e tras dúas reunións co goberno municipal as nosas propostas a orzamentos, que non son máis que as demandas que nos realizaron a veciñanza e que beneficiarían a un gran número de veciños e veciñas, e que ademáis foron aprobadas en pleno co voto a favor dos partidos que conforman o goberno do concello de Cangas.

Pedimos para as familias a cobertura da Aula Matinal e o Programa deportivo, como medidas de conciliación e ver medran a nosa cativada dentro da cultura do deporte.

Coñecendo a dificicultade na obtención de vivenda  e a situación de moitas familias  continuar co plan de vivenda e comezar coa rehabilitación das vivendas en mans do concello faise imprescindible , e que ademáis poden xerar ingresos ao concello polos alugueres sociais.

Queremos un reparto máis equitativo e xustificado, unha colaboración máis firme e clara tanto para colectivos culturais e deportivos do noso concello, que fan unha labor importantísima como eixes imprescindibles no tipo de principios  que transmiten a nosa rapazada , como a aqueles colectivos que son o motor económico do noso pobo como pode ser o sector servizos, comercio, hosteleria, turismo sostible que son os que nos xeran a riqueza do noso pobo. 

Queremos que o concello siga sendo o motor que xere emprego para toda a nosa veciñanza , anualmente proporcionabamos traballo a aproximadamente a 100 veciños e veciñas en diferentes ámbitos , xardineria, limpeza, socorrismo… e que nesta lexislatura se desfixeron deles para privatizar todos os servizos, demostrando que por eso non se está a dar un mellor servizo a veciñanza pero si un dano irreparable a esas familias que cada ano nos responderon dando un servizo necesario e o concello lles proporciona un traballo digno por casi un ano, polo que nunca apoiaremos a privatización dos servizos e si as segundas oportunidades e principalmente para a nosa xente. 

Temos que comezar a ser máis eficientes na xestión dos nosos servizos, servizos como a piscina municipal ou a xestión do ciclo da auga están a demostrar que son buratos negros que soamente levan millóns de euros dos impostos da veciñanza e pola contra son servizos que nunca acaban funcionando correctamente, é hora de que ditos servizos sexan xestionados de forma seria e eficiente, pois nos estamos a xogar o noso futuro, principalmente cos verquidos as rias de forma diaria .

O coidado do noso medio natural e facilitar o traslado entre parroquias sin que sexa unha odisea,  son retos que parecen imposibles,  pero que con traballo, dedicación e consenso coa veciñanza podrían conseguir resultados a medio prazo importantes para o día a día da nosa veciñanza e da posta en valor do noso patrimonio.

Queren tratar de vender que as nosas peticións son de dificil cumplimento pero que nada máis lonxe da realidade, xa que todas elas están cuantificadas en diferetnes documentos oficiais que demostran a súa viabilidade, estando  cuantificadas en 787.300 €, que representa o  % do orzamento xeral do concello, que ascende no 2024 a 19,5 millóns.

Pero a realidade é que desde a toma de posesión do novo Goberno, atopámonos con que non existe interés pola súa parte  de negociar, falar e trasladarnos os temas que se atopan enriba da mesa. Actúan como si foran un goberno con maioria absoluta, despreciande e maltratando  o voto que precisan para sacar cara a diante os asuntos máis trascendentais para Cangas e as peticións da veciñanza e das mesas e consellos que ten o noso pobo para ser escoitados. 

Nin  chaman, nin comunican, nin negocian, falan no noso nome na prensa e o peor minten, xa que pasaron semanas decindo a veciñanza que as nosas propostas aos orzamentos estaban incluidas e cando nos deron traslado do borrador o día 3 de xuño , nos demos conta que todo era mentira e que a prensa recoñece dita mentira  no seu artigo do día 18 de xuño, tras levar semanas decindo o contratio. 

Nós que nunca daremos por perdidas as negociacións, xa que renunciar é renunciar as peticións que os veciños e veciñas nos fixeron chegar, por eso decidimos realizar emendas parciais ao orzamentos presentadas o día 11 de xuño que contemplen as pretensións indicadas con anterioridade e polo ben da veciñanza de cangas e reiterando que foron aprobadas cada unha delas nos plenos deste último ano. Aprobar as emendas, aceptalas e incluilas é facer un orzamento  negociado, participativo e conciliador,en definitiva democrático. 

Si o Goberno ten liñas vermellas, nós NON é o primeiro para nós e sobre todas as cousas, sempre  vai ser o ben da Veciñanza de Cangas, supoña o que supoña.

Comparte esta nova!