Oleiros lembra o asasinato de José Couso

Será nun acto de homenaxe no parque que leva o seu nome, en Perillo

Un acto de lembranza de José Couso e o seu desgraciado asasinato a mans do exército norteamericano en Bagdad terá lugar no parque que leva o seu nome, en Perillo.

Participarán un familar de Couso, Francisco Permuy, o xornalista Alfonso Hermida e o cantautor César de Centi, que acompañarán ao alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, nun acto conmemorativo do asasinato no parque que leva o nome deste xornalista, que estaba cubrindo a guerra occidental contra Irak cando o exército americano bombardeou o hotel no que se hospedaba.

Durante estes 21 anos a Xustiza española non foi quen de conseguir sentar aos responsables no banco dos acusados, nun proceso que rexistrou numerosas sospeitas de presións sobre os tribunais.

Interesante contido na wikipedia sobre José Couso.

Comparte esta nova!