O Concello de Oleiros garante o comedor escolar dos nenos e nenas en situación de vulnerabilidade

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Oleiros garante o comedor escolar dos nenos e nenas en situación de vulnerabilidade

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Oleiros asinou o convenio de colaboración coas ANPA dos colexios públicos que xestionan os comedores escolares para garantir que todos aqueles nenos e nenas de familias en situación de vulnerabilidade accedan ao comedor escolar. O Concello asume o gasto de comedor escolar destes nenos e nenas para garantir a cobertura das necesidades básicas da súa alimentación.

Inicialmente, para o vindeiro curso 2021/2022, destínase unha partida de 60.000 euros, que en caso de resultar insuficiente incrementarase. A maiores, o Concello dispón doutra liña de subvencións para os gastos de comedor das familias dos nenos e nenas que non estando nunha situación económica tan adversa precisen axuda para facilitar a conciliación familiar.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!