Oleiros contará cun Consello Climático Xuvenil para asesorar o Concello

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Oleiros contará cun Consello Climático Xuvenil para asesorar o Concello

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Este mércores vai constituírse o Consello Climático Xuvenil, que estará formado por mozas e mozos de entre 15 e 34 anos e que terá como obxectivo asesorar ao Goberno local en temas relacionados co medio ambiente. Haberá xuntanzas mensuais, coordinadas por persoal especializado, que dinamizará os encontros e guiará a mocidade para tomar distintos acordos.

Este é un proxecto que se desenvolve a través do Fondo Galego de Cooperación e que finalizará cunha viaxe a Lisboa, nunha xuntanza conxunta con consellos climáticos xuvenís de toda Europa. Aqueles mozos e mozas que teñan interese en participar deben acudir este mércores ás 10:30 horas á Casa da Mocidade das Pedras ou enviar un correo a c.xuventude@oleiros.org.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!