A cidadanía de Oleiros dispón oficialmente desde esta tarde dun novo espazo público verde de 150.000 metros cadrados co novo paseo fluvial que atravesa as localidades de Iñás e Nós.
Unha fermosa senda de 4,1 km creada para ofrecer unha alternativa ciclo-peonil segura á N6, protexer medioambientalmente a contorna do río e poñer a disposición da veciñanza outro equipamento público para a mobilidade, o deporte na natureza e a convivencia.
Este proxecto de Alternativa dos Veciños comezou anos atrás coa adquisición de 111.348 metros cadrados de zonas verdes e bosques nas inmediacións do río (Arenaza, Bosque Natural de Iñás, Mesón da Auga e Bosque do Vilar). Máis recentemente expropiaronse 65 fincas, que suman 38.027 metros cadrados.
Malia tratarse dunha obra que reúne todos os requisitos medioambientais e de mobilidade para ser subvencionada por Xunta e Estado, o Concello de Oleiros non recibiu nin un só euro para esta importante actuación que custou 3,5 millóns. O interese político por obstaculizar ao Goberno municipal de Oleiros primou sobre o dereito da cidadanía a dispoñer deste espazo público.