O último campamento de Carral centrarase no Medio Ambiente e Reciclaxe
Os nenos e nenas de 3 a 15 anos, inscritos no campamento, realizarán actividades de concienciación ambiental e reciclaxe, así como actividades multideportivas, socioculturais e excursións.
A última quenda dos campamentos en Carral durará dende o 17 de agosto ata o 4 de setembro. Quen necesite máis información poderá chamar no 984 67 25 80 ( casadacultura@carral.es) ou no 981 11 70 20 (omix@carral.es).