O Sergas segue sen contratar outra matrona para o Centro de Saúde de Arteixo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Sergas segue sen contratar outra matrona para o Centro de Saúde de Arteixo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo recrimínalle ao Sergas que segue sen cumprir o compromiso alcanzado en febreiro pasado pola Xerencia da área de Saúde da Coruña, de contratar outra matrona para o Centro de Saúde de Arteixo.

Estamos preto de rematar o ano e o Sergas segue sen incorporar outra matrona ao Centro de Saúde de Arteixo, tal e como se comprometeu a facer o pasado febreiro a Xerencia da Área de Saúde da Coruña.

A matrona titular e única contratada polo Sergas no municipio, vén soportando unha carga de traballo desproporcionada debido á gran cantidade de pacientes aos que ten que atender. Como consecuencia de tal carga de traballo, non pode cubrir todas as tarefas que lle corresponden e que debería desenvolver.

Por iso, volvemos solicitar ao Sergas, que cumpra co compromiso acadado e incorpore de inmediato outra matrona a un do tres centros de atención primaria que ten Arteixo.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!