O porto de nunca acabar

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa critica que o Goberno municipal da Coruña retrase de novo a maior oportunidade urbana da cidade nun século

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Indrani Thais Palla Maceiras,  natural de Alvedro e licenciada en Dereito, ocupará o primeiro posto na lista electoral de Alternativa dos Veciños no Concello de Culleredo. Muller fortemente comprometida política e socialmente co seu municipio, a nivel profesional  dedícase á resolución de conflitos mediante vías alternativas a xudicial e á divulgación e formación de habilidades para que a comunicación, as relacións humanas e o entendemento entre as persoas poida realizarse desde canles de comunicación construtivas.

Alternativa dos Veciños renovará a candidatura no Concello de Culleredo con persoas con ganas de dignificar a política local, aportando verdade, transparencia e escoita a ciudadanía.

“Culleredo é un Concello repleto de oportunidades. Cremos que o progreso debe de ir da man de cuestións tan importantes como o respecto polo medio ambiente, a sostenibilidade, a igualdade de oportunidade,  as políticas de inclusión e conciliación;  sendo para todo isto imprescindible unha escoita real e próxima das necesidades dos veciños e veciñas”, dixo a candidata á alcaldía Thais Palla.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!