[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O pleno de Oleiros aproba unha moción en apoio á flota artesanal galega
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O pleno municipal, recollendo unha proposta da Cofradía de Pescadores de Lorbé trasladada por Alternativa dos Veciños á corporación, aprobou unha moción para esixir a retirada do Regulamento de control da pesca aprobado polo Parlamento Europeo. Este nova normativa impón, entre outros graves prexuízos para os mariñeiros galegos, a instalación de cámaras de control nos barcos da flota artesanal galega sen ter en conta as súas especiais características.
O Goberno de Alternativa tamén aprobou na sesión un manifesto en apoio á manifestación convocada para este sábado 27 de marzo, ás 12 horas na Delegación do Goberno da Coruña, pola defensa do emprego en Alcoa, por un futuro industrial e contra a represión sindical. As administracións competentes deben centrar todo o seu esforzo en garantir a supervivencia desta factoría esencial para toda a comarca da Coruña, mantendo todos os seus postos de traballo e que se proceda á readmisión da traballadora e dos traballadores despedidos que, ademais eran representantes sindicais, defendendo un dos pilares básicos do ámbito laboral no país como é a liberdade sindical, como exercicio dos dereitos fundamentais das traballadoras e traballadores na procura das mellores condicións laborais nos seus centros de traballo.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]