O orzamento eclipsado

A aprobación dun orzamento que sería unha posible ferramenta para poñer un pouco de luz na situación actual do Concello foi eclipsada pola situación política da corporación municipal.

Alternativa é crítica polas actitudes amosadas polos diferentes grupos políticos durante a sesión plenaria para aprobar o orzamento.

Un BNG e PSOE que empregou o circo mediatico para incluír as súas propostas no orzamento para despoís non apoiar a súa aprobación e manterse na abstención. E UXC que continúa coas súas políticas destructivas de “non polo non”, empregando a mesma oposición que criticaban do PP cando gobernaban. E un PP nada conciliador.

Alternativa apoiou este documento “nin por intereses nin por pactos ocultos, senón por responsabilidade, porque a veciñanza está a pedir que deixemos de trifurcas políticas e nos poñamos de acordo”, matizou Raúl Varela, “Dende que Alternativa forma parte da corporación nunca freou o avance dun orzamento, nin con UXC, xa que consideramos que é mellor que esté en vigor que non telo.”

Comparte esta nova!