[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Goberno de Carral denuncia ante a Fiscalía o pago total dunha obra que non se realizou por completo
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Goberno municipal de Carral denunciou ante a Fiscalía as graves irregularidades cometidas polo Concello nunha obra do ano 2011, subvencionada pola Unión Europea, para a realización dos acceso ao Instituto de Carral, na rúa Souto de Castiñeiros. O Goberno municipal, naquel momento en mans do PP, xustificou como realizadas na súa totalidade as obras por un importe de 175.000 €.
O Concello de Carral contratou nese proxecto o asfaltado dun vial de 5 metros de ancho con beirarrúas de 1,5 metros a cada lado, desde o inicio da rúa ata a entrada ao instituto. As obras foron certificadas como completadas na súa totalidade, pero en realidade non foi así. Na parte dereita tan só se realizaron 20 dos 70 metros de beirarrúa e na parte esquerda o ancho é de 40 cm, cando se contratou e pagou por un ancho de 150 cm.
A obra executouse, aproximadamente, nun 50%. A empresa non debería ter percibido a totalidade da cantidade contemplada no contrato, aínda que si consta no Concello que cobrou os 175.000 euros. Por que? Non o sabemos.
Ante tales feitos, Alternativa dos Veciños de Carral está a impulsar desde o Goberno municipal a adopción das correspondentes medidas xudiciais para que os responsables de tan graves feitos non queden impunes. Neste caso ademais xogouse coa seguridade dos peóns, principalmente os rapaces e rapazas que van diariamente ao instituto.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]