O Concello de Carral e a Deputación traballan para aumentar o ancho de varias vías
Carral, 17 de agosto de 2020.- Ante as necesidade de mellorar a seguridade vial dos veciños e veciñas, Carral e a Deputación aumentan o ancho da vía en catro parroquias.
Este plan financiado con fondos municipais e provinciais levou á ampliación do ancho da vía nas estradas DP-2014 (San Pedro de Quembre e no lugar de Pousada en Barcia), na DP-2105 (á altura de Cabrois) e no lugar de Soavila (Santa Baía de Cañás). As actuacións para a mellora do ancho da vía, incluíron tamén a creación de cunetas de seguridade en algunhas das estradas destas parroquias. Sumando entre os catro puntos máis de 2 km de cunetas de seguridade.
O Equipo de Goberno comezará de forma inminente as melloras na estrada que une Sergude con Cañás e na vía de San Vicente de Vigo que vai cara Balbén.