Alternativa dos Veciños xa advertiu ao Goberno en numerosas ocasións que se ten que falar e acordar pero o que nos atopamos é que usurpan os nosos posicionamentos mentindo a veciñanza e sin ter reunión con nós, por todo elo levaremos ao próximo pleno a moción sobre esta cuestión.
O actual Concelleiro de Urbanismo e Medio ambiente declara nos medios de comunicación que o Goberno Municipal ten paralizados os trámites para conseguir os terreos da rúa por culpa de que AV dí nunha reunión que agora queren que se compren os terreos. E nunhas novas declaracións di que AV non asistiu á reunion convocada para o día 3 de novembro “para falar do PXOM” e que se trataron temas como o PXOM e os terreo de A Rúa.
E fala que se expón un proxecto que a empresa Angecabe presenta 13 días despois de esa reunion e que o día 3 de xaneiro AV ten que enterarse pola prensa que se tratou e que non se nos deu traslado, nin do que se tratou nin do proxecto mencionado.
Reiteramos que Alternativa non asistiu nen ten coñecemento de que se convocara unha reunión para tartar sobre o ámbito da Rúa para unha Infraestructura Sanitaria, e aclarar que AV nunca mudou o seu posicionamento con respecto á consecución dos terreos da Rúa, e tras ver ambos comunicados podemos comprobar que o Concelleiro acaba de demostrar que minte e o fai para xustificar a súa total parálise e incapacidade de xestionar con respecto a dito tema.
Visto os acontecementos e as declaracións, AV vese na obriga de levar unha moción ao próximo Pleno para tartar este tema, que por outra parte é transcendental para a veciñanza de Cangas e que alí cada partido se pronuncie ao respecto.