Veciñas e veciños da urbanización Sol y Mar de Arteixo continúan, anos despois de que se aprobase a súa retirada, sofrindo as consecuencias de vivir baixo unha enorme liña de alta tensión que non acaba de soterrarse.
No pasado pleno, o alcalde dicía que se o concello asumía as obras estaría cometendo un delito de prevaricación, pero nada dixo do incumprimento do compromiso municipal de 2003, que firmou coa Xunta e Fenosa un convenio segundo o que o Concello poñería os terreos para realizar a obra, pero a obra non se fixo porque o municipio non fixo algo imprescindible: dispoñer dos terreos para a obra.
Hai máis de 40 anos que as 500 familias desta urbanización veñen denunciando a situación, requerindo do Concello, a Xunta e Fenosa que se organicen para levar a cabo unha obra tan necesaria, que afecta tamén ao Colexio público de Oseiro.
O alcalde de Arteixo míntelle á veciñanza co asunto da prevaricación, pero non lle tremou a man cando vendeu ilegalmente a parcela do parque de Bombeiros, á marxe do Consorcio e a Deputación e a Xunta, entidades implicadas na xestión dese corpo de seguridade.