O 12 de xullo, a romaría da Alternativa en Nós

Durante todo o día na Finca Tenreiro, ao lado do colexio de Nós

A romaría familiar e veciñal da Alternativa na Finca Tenreiro celebrarase neste espléndido parque da parroqua de Nós o 12 de xullo, durante todo o día. Ás 12 da mañá comenzarán a chegar as familias ou grupos de amigos ou veciños. Incluso persoas individuais que se queren xuntar á festa.

Toda persoa que acuda e non coñeza esta espléndido parque municipal terá a ocasión de percibir directamente un dos espazos públicos máis fermosos do concello, con árbores históricas, xardíns frondosos e acolledoras pradeiras.

É a séptima edición desta convocatoria festeira que estará animada pola charanga “Santa Compaña”. Moitas persoas decidirán levar o xantar da casa, como é habitual nas romarías tradicionais, pero outras optarán por xantar os apetitosos polbos, empanadas, churrascos, postres e bebidas que se instalarán para que non falte de nada.

Será un día de convivio e confraternidade no que calquera simpatizante da Alternativa pode tomar parte. Aínda que non é obrigatorio, compre apuntarse en info@alternativadosvecinos.org ou directamente a través de calquera concelleiro ou representante da Alternativa.

Comparte esta nova!